Home

Adeus, Compostela;

auga (que escorrerá polo poema)

badaladas de Berenguela,

gaitas de acibeche,

mañáns sen cura,

tardes de Ateneo,

(de licor de améndoas do Paradisso, de café do casino),

noites sen memoria,

lúas de cafeína e soles de semen,

amor, sexo, locura,

orballo e choiva,

pedras mollada,

sombras abrasadoras,

silencios berrados,

verde eterno,

gris imperecedoiro,

amizades perigosas,

enemizades fortuitas,

recordos.

Anuncios