Home

I

Non hai palabras

[para Julia

e decir que o tempo

voltou.

Recordos son recordos

e nunca foron verdade.

E se volves e te perdes…

non sei que será de ti.

Nin de min.

II

E voltou o silencio

e nas nubes, ti,

perdida.

E do rincón volvías,

e agardabas o tempo de chover.

Xa non quedaban pianos

[para recordarte.

Mal poesía soltada,

para declararte e aclamarte.

Admirarte.

Anuncios