Home

  E cando chegue o día da partida,
acollendo sin medo a nova vida,
limpa a concencia do mundano lixo

Ramón Cabanillas

I
Chove, corres polas fendas inertes.
A pedra húmida, unha melodía que se repite.
Achégaste a senlleira, suplicas;
no ceo nubes, a terra sol.
Brila teu sorriso, de locura,
agardando un final esperado.
Érgueste. Teu sorriso, serio.

II
Unha sombre que volve, que te invade.
Corres e non paras, queres espertar, desaparecer.
O suor esvara coas bágoas.
Chegas ao final e caes.
No ceo sol, a terra bágoas.

III
Soaban paxaros (xilgueros no ar).
Brilabas, Venus, brilabas
entre fentos e árbores durmidas.
Non recordo teu feitizo, nube.

Anuncios